Premier League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión.
Barclays Premier League | |
---|---|
Fundación | 20 de febreiro de 1992 |
Rexión | Inglaterra Gales |
Confederación | UEFA |
Equipos | 20 |
Copa | FA Cup Community Shield |
Descenso | Championship |
Internacional | UEFA Champions League UEFA Europa League |
Actual campión | Manchester City (6º título) |
Máis laureado | Manchester United (13 títulos) |
Televisión | Sky Sports, BT Sport |
Sitio web | PremierLeague.com |
Premier League 2022–23 |
A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United. O actual campión é o Manchester City.
O torneo está considerado como a mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]