Proxecto HAARP
From Wikipedia, the free encyclopedia
O proxecto HAARP (do inglés High Frequency Active Auroral Research Program , Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia) é unha investigación financiada pola Forza Aérea dos Estados Unidos, a Armada, a Defense Advanced Research Projects Agency (DARPA) e a Universidade de Alasca,[1] para "entender, simular e controla-los procesos ionosféricos que poderían cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixilancia" (tales como a detección de mísiles).[2] Iniciouse en 1993 para unha serie de experimentos durante vinte anos. É similar a numerosos quentadores ionosféricos existentes en todo o mundo, e ten un gran número de instrumentos de diagnóstico que se usan para mellora-lo coñecemento científico da dinámica ionosférica.
Proxecto HAARP | |
---|---|
Tipo | programa de pesquisa |
En | Alasca |
País | Estados Unidos de América |
62°23′30″N 145°09′00″O | |
Na rede | |
http://www.haarp.alaska.edu e https://haarp.gi.alaska.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a evolución do ROTHR, e como o seu predecesor componse de estacións de fragas de antenas que emiten constantemente nunha frecuencia que pode ser sintonizada por receptores de radio en todo o mundo (6,965 Mhz). Tense constancia de que non só emite nesa frecuencia unha serie aparentemente aleatoria de números senón que a súa capacidade transmisora pode ser utilizada para comunicacións en todo o mundo sen necesidade de satélites pero imitando o comportamento destes.
O funcionamento baséase na emisión de ondas electromagnéticas que rebotan na ionosfera e desprázanse a calquera lugar do globo.
As instalacións principais áchanse en Gakona, Alasca, na Estación de Investigación de HAARP (en inglés, HAARP Research Station), O principal dispositivo da Estación HAARP é o Instrumento de Investigación Ionosférica (IRI, polas súas siglas en inglés), un potente radiotransmisor de alta frecuencia que se emprega para modificar as propiedades nunha zona limitada da ionosfera. Os procesos que ocorren en dita zona son analizados mediante outros instrumentos, tales como radares UHF, VHF e de sondaxe dixital, e magnetómetros de saturación e de indución. Aínda que a Estación HAARP empezou a funcionar en 1993, o IRI actual opera desde o ano 2007 e o seu contratista principal foi BAE Advanced Technologies.
Ata 2008, HAARP gastara aproximadamente 250 millóns de dólares, financiados con impostos para a súa construción e custos operacionais.[3]