Reservation Dogs
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Reservation Dogs é unha serie de televisión estadounidense creada por Sterlin Harjo e Taika Waititi para FX Productions. É a primeira serie notábel que conta con guionistas e directores indíxenas, así como un elenco e un equipo de produción case completamente composto por indíxenas norteamericanos.[1][2][3] É tamén a primeira serie rodada completamente en Oklahoma.[1][4] A serie estreouse a través de FX on Hulu[5] o 9 de agosto de 2021,[6] (Día Internacional dos Pobos Indíxenas).[7] En setembro de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada,[8] e a unha terceira en 2022,[9] a cal se estreou o 2 de agosto de 2023.[10] A serie rematou o 27 de setembro de 2023.
Datos rápidos Formato, Creado por ...
Formato | Comedia e drama adolescente |
---|---|
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Dirixido por |
|
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 28 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Oklahoma |
Duración | 25–30 minutos |
Distribuidor |
|
Canle de orixe | FX on Hulu |
Primeiro episodio | 9 de agosto de 2021 |
Derradeiro episodio | 27 de setembro de 2023 |
Na rede | |
https://www.fxnetworks.com/shows/reservation-dogs | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar