Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán (RAMM) é unha rexión antiga de Filipinas, a única do país que tivo o seu propio goberno.
Foi creada o 1 de agosto de 1989.[1]
Está formada por cinco provincias: Basilán, Lanao do Sur, Maguindanao, Sulu e Tawi-Tawi. Mediante o decreto nº 36, Basilán trasladouse desde a Rexión IX e Marawi desde a Rexión XII.
O goberno rexional está en Cotabato, aínda que esta cidade forma parte da Rexión XII. Ten unha extensión de 26 974 km² e unha poboación de 4 120 795 habitantes (censo de 2007).
Os idiomas falados na rexión son o banguinguí, maguindanaó, maranao e suluano.