Río Belelle
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita. A súa etimoloxía é de orixe claramente indoeuropea, podendo vir o nome, tanto do deus celta solar Belenos, facendo referencia á claridade das súas augas, ou tamén podería vir da palabra latina "uilla", que fai referencia a un asentamento agrícola nos arredores.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Belelle.
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Belelle | |
---|---|
País | Galicia |
Nacemento | Goente, As Pontes |
Lonxitude | 31,4 km[1] |
Desembocadura | Ría de Ferrol |
Pechar