SARS-CoV-2
virus causante da pandemia COVID-19 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O SARS-CoV-2 (do inglés severe acute respiratory syndrome coronavirus 2 ou coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave 2),[1][2] previamente denominado co nome provisional de 2019-nCoV (2019 novel coronavirus ou novo coronavirus 2019),[3][4][5] é un virus de ARN monocatenario de sentido positivo.[6][7] É contaxioso para os humanos e foi o causante da pandemia por coronavirus de 2019-2020 que estendeu por todo o mundo a enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), que foi designada emerxencia sanitaria pública de preocupación internacional pola Organización Mundial da Saúde (OMS).[8][9]
SARS-CoV-2 | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica de virións de SARS-CoV-2 coas súas coroas ben visibles | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
cepa | |||||||||||||||
Coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda grave | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O SARS-CoV-2 ten unha estreita similitude xenética cos coronavirus do morcego, o que suxire que se orixinou a partir dun virus transportado polos morcegos.[10][11][12] Tamén se pensa que un reservorio animal intermediario, seguramente un pangolín, está implicado na súa introdución nos humanos.[13][14] Desde unha perspectiva taxonómica, o SARS-CoV-2 é clasificado como unha cepa da especie coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave (SARSr-CoV).[1]
Fóra do corpo humano, o virión (forma libre do virus) é destruído polo xabón.[15]
A cepa foi descuberta en Wuhan, China, polo que inicialmente se coñeceu como "virus de Wuhan" ou "coronavirus de Wuhan".[16][17][18][19] Como a Organización Mundial da Saúde desaconsella o uso de nomes baseados en localidades[13][20][21] e para evitar a confusión coa enfermidade SARS,[22] ás veces faise referencia ao virus denominándoo "o virus responsable da COVID-19" ou "o virus da COVID-19" en comunicacións de saúde pública.[23] O público xeral a miúdo chama tanto a enfermidade coma o virus "coronavirus", pero os científicos e a maioría dos xornalistas usan normalmente termos máis precisos.[24]