Saab 35 Draken
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Saab 35 Draken ("the kite" ou "o dragón") foi un caza sueco desenvolvido e fabricado por Saab entre 1955 e 1974. Foi o primeiro avión completamente supersónico desenvolvido en Europa Occidental.
Saab 35 Draken | |
---|---|
Un Saab 35 Draken da Forza Aérea Austríaca cun deseño de pintura especial visto dende abaixo. | |
Fabricante | Saab |
Primeiro voo | 25 de outubro de 1955 |
Introducido | 8 de marzo de 1960 |
Retirado | 2005 (Austria) |
Estado | retirado |
Principais usuarios | Forza Aérea de Suecia Forza Aérea de Austria Forza Aérea de Finlandia Forza Aérea de Dinamarca |
Produción | 1955-1974 |
Unidades construídas | 651[1] |
Variantes | Saab 210 |
O Draken foi desenvolvido durante os anos 40 e 50 para substituír a primeira xeración de cazas a reacción suecos, o Saab J 29 Tunnan e, posteriormente, a versión de caza do Saab 32 Lansen, o J 32B. Contaba cunha innovadora á en dobre delta; co obxectivo de probar esta característica aerodinámica inexplorada anteriormente, produciuse e voouse nun avión de proba a escala reducida, o Saab 210. Desenvolvido en Suecia, o Draken foi introducido ao servizo coa Forza Aérea de Suecia o 8 de marzo de 1960. Os primeiros modelos crearonse coa única intención de desenvolver misións de defensa aérea e considerouse un caza moi capaz na súa época.
O Draken funcionou como un efectivo caza supersónico durante a guerra fría. No servizo sueco pasou por distintas actualizacións, sendo a última delas o modelo J 35J. Nos anos 80 os Draken de Suecia foron case todos substituídos polo caza máis avanzado Saab 37 Viggen, mentres se agardaba que o máis moderno Saab JAS 39 Gripen entrase en servizo na década seguinte, aínda que se atrasou. Como consecuencia de recortes e altos gastos de mantemento, Suecia optou por retirar o Draken en decembro de 1999. O modelo foi tamén exportado a Austria, Dinamarca, Finlandia e os Estados Unidos, que o operou como avión de adestramento para pilotos de proba.