Sanguiñeda, Mos
parroquia civil do concello de Mos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Sanguiñeda é unha parroquia do concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1623 habitantes (812 homes e 811 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1621 habitantes (821 mulleres e 800 homes), os mesmos ca en 1999.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Sanguiñeda | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Mos[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°10′32″N 8°38′02″O |
Poboación | 1.623 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O topónimo Sanguiñeda é un fitónimo derivado do sanguiño ou amieiro negro, do latín Sanguīnĕus (da cor do sangue) xunto co derivativo abundancial -ēta[2].