Segunda División Galega de Wáter-polo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Galega de Wáter-polo división 2 é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación [1]. É a categoría inmediatamente inferior á Liga Galega de Wáter-polo. Foi disputada por primeira vez na tempada 2012-2013.