Signo de fin de artigo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O signo de fin de artigo, tombstone, Halmos, fin da demostración ou signo de Q.E.D. «∎» úsase en Matemáticas para sinalar a fin dunha demostración matemática, en lugar da abreviatura habitual «Q.E.D.», da frase latina quod erat demonstrandum, «o que se quería demostrar». Nas revistas, é un dos signos que se emprega para indicar o final dun artigo.
∎ |
---|
Signo de fin de artigo |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/3e/Halmos_symbols.png)
No Unicode, represéntase polo carácter 220E, que ten variantes gráficas. Pode ser un rectángulo ou un cadrado baleiro ou enchido.
Ás veces chámase halmos polo matemático Paul Halmos, que foi o primeiro que o usou nun contexto matemático. Tivo a idea de empregalo tras velo usado para indicar o final dos artigos en revistas. Nas súas memorias I Want to Be a Mathematician, escribiu:[1]
O símbolo non é definitivamente invención miña; — aparecía en revistas populares (non matemáticas) antes de que eu o adoptase, pero, unha vez máis, parece que eu o introducín nas Matemáticas. É o símbolo que ás veces aparece como ▯, e úsase para indicar un final, habitualmente o final dunha proba. Frecuentemente chámase 'tombstone', pero polo menos un xeneroso autor referiuse a el como ‘halmos’.[2]