Sinagoga de Delft
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sinagoga de Delft é unha sinagoga de estilo neoclásico situada na praza Koornmarkt, ao pé da canle Nieuwe Delft, da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
Datos rápidos Edificio, Tipo ...
Sinagoga de Delft | |
---|---|
Fachada da sinagoga | |
Edificio | |
Tipo | Sinagoga |
Estilo | Neoclasicismo |
Enderezo | Koornmarkt, 12. |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′31″N 4°21′35″L |
Uso(s) | Centro relixioso e cultural |
Construción | |
Construción | 1861-1862 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O edificio, construído entre os anos 1861 e 1862 para levar a cabo as celebracións relixiosas da poboación xudía, presenta unha fachada branca á maneira dos templos xónicos. En 1967 acadou a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[1]