século From Wikipedia, the free encyclopedia
século IX a. C. < Século VIII a. C. > século VII a. C.
O século VIII a.C foi un período de grandes cambios nas civilizacións.
En Exipto corresponde ás dinastías XXII, XXIII, XXIV e XXV cuxos soberanos (excepto a XXIV) eran de orixe estranxeira; libio (dinastías XXII e XXIII) e kushita ou etíope (dinastía XXV). O Imperio neoasirio alcanza o pico do seu poder, conquistando varios países veciños, entre eles o reino de Israel.
Grecia coloniza outras rexións do mar Mediterráneo e o mar Negro. A civilización etrusca expándese por Italia. Convencionalmente tómase este século oitavo como o principio da Antigüidade clásica, coa primeira Olimpíada festexada no 776 a.C. Nesta época crese que foron compostos os textos épicos de Homero (A Ilíada e a Odisea). Na China rexístrase unha eclipse solar histórica no ano 780 a.C.
Na India -en plena Idade de Ferro- comeza a cultura da cerámica negra puída norteña, de baixa tecnoloxía e produción de armas de ferro. Esta cultura é unha das candidatas de ser a cultura védica.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.