Tea (planeta)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tea ou Theia,[1] é o nome que se lle deu a un suposto protoplaneta do sistema solar teorizado para dar explicación á existencia da Lúa nunha teoría chamada hipótese do grande impacto. Crese que foi un planeta do tamaño de Marte que chocou contra a Terra, e ese protoplaneta sería Tea.[1][2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tía (mitoloxía).
O xeólogo Edward Young da Universidade de California, Os Ánxeles, baseándose nunha análise das rochas recollidas nas misións dos Apollo XII, XV e XVII, propuxo que Tea colisionaría de fronte contra a Terra,[3] en contraste coa teoría anterior que suxería un grande impacto.