Tempadas dos Montreal Canadiens
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Montreal Canadiens ou en francés Les Canadiens de Montréal son un equipo profesional de hóckey sobre xeo con base na cidade de Montreal (Quebec, Canadá). Os Canadiens son membros da Atlantic Division na Conferencia Leste da National Hockey League (NHL)[1] e son un dos equipos dos denominados Original Six.[2] O club é oficialmente coñecido como le Club de hockey Canadien.[3] Fundado en 1909, o equipo xogou un total de 106 tempadas, oito na National Hockey Association (NHA) e 98 na sucesora da NHA, a NHL. Son o único equipo que xogou todas as temperas de ambas ligas e o único activo da NHL fundado antes da creación da liga. Gañaron a Stanley Cup 24 veces, unha competindo na NHL e 23 veces dende a fundación da NHL. Tamén gañaron 11 O'Brien Cups, 23 campionatos de división, 8 títulos de conferencia, e as súas 3.260 vitorias na liga regular son un récord na historia da liga.[4]