Terminator 2: O xuízo final
Filme de 1991 dirixido por James Cameron / From Wikipedia, the free encyclopedia
Terminator 2: O xuízo final (en inglés: Terminator 2: Judgment Day) é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que se estreou no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.
Terminator 2: O xuízo final | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Terminator 2: Judgment Day |
Director | James Cameron |
Produtor | James Cameron |
Guión | James Cameron William Wisher Jr. |
Intérpretes | Arnold Schwarzenegger Linda Hamilton Edward Furlong Robert Patrick |
Música | Brad Fiedel |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Conrad Buff Mark Goldblatt Richard A. Harris |
Estudio | Carolco Pictures Lightstorm Entertainment Pacific Western Canal+ |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | Century City: 1 de xullo de 1991 3 de xullo de 1991 21 de setembro de 1996 (TVG) |
Duración | 139 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, ficción científica |
Orzamento | $94-102 000 000[1] |
Recadación | $519 843 345 |
Filme anterior | Terminator |
Filme seguinte | Terminator 3: A rebelión das máquinas |
Na rede | |
|
Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comezou un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse o 3 de xullo de 1991.
Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción.[2] Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador.[3] Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais.[4] Foi o filme con maior recadación de 1991, e numerosas publicacións como o American Film Institute clasificaron Terminator 2 como un dos grandes filmes de acción e ciencia ficción, e unha das mellores secuelas de tódolos tempos.
Estreouse en galego o 21 de setembro de 1996 a través da TVG.[5]