Vibo Valentia
comuna italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vibo Valentia é un municipio italiano da rexión de Calabria, capital da provincia de Vibo Valentia. En 2016, segundo o censo dese ano, tiña unha poboación de 33.839 habitantes.[1] Comprende unha extensión de 46,3 km², e ten unha altitude de 476 m sobre o nivel do mar.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Italia | ||||
Rexión | Calabria | ||||
Provincias | Provincia de Vibo Valentia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.092 (2023) (667,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46,57 km² | ||||
Altitude | 476 m | ||||
Comparte fronteira con | Briatico (pt) Jonadi (pt) Pizzo (pt) San Gregorio d'Ippona (pt) Sant'Onofrio (pt) Mileto Filandari (pt) Francica (pt) Cessaniti (pt) Stefanaconi (pt) | ||||
Santo padrón | Leoluca (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89900 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0963 | ||||
Identificador ISTAT | 102047 | ||||
Código catastral italiano | F537 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.vibovalentia.vv.it |
Foi unha importante cidade da costa oeste da Brucia,[2] ás beiras dunha baía chamada na Antigüidade, Sinus Hipponiates (actual Golfo de Santa Euxemia).[3]
É o concello máis poboado da denominada Costa degli Dei ou Costa bella. A súa área urbana, que consta de varios municipios, ten 87.245 habitantes.[4]
A cidade de Vibo Valentia ten unha longa historia de máis de 8.000 anos. Foi, de 1582 a 1593, e de 1806 a 1816, a capital da Calabria Ulterior, rexión establecida pola Constitución de Melfi do Reino de Sicilia establecida en 1231 e vixente neste reino, así como no de Nápoles e no das Dúas Sicilias até finais de 1816, e da tesouraría (facenda pública) da Calabria Ulterior e mais da Calabria Citerior.[5]
En Vibo Valentia hai dous museos, un arqueolóxico chamado "Vito Capialbi", e outro de arte sacra. Ademais, ten un xardín botánico.