Vicente del Bosque
futbolista e adestrador español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vicente del Bosque González, nado en Salamanca o 23 de decembro de 1950, é un adestrador de fútbol e exfutbolista español, que xogaba de centrocampista. É o seleccionador da selección de fútbol de España desde xullo de 2008 ata agosto de 2016.
Os seus maiores éxitos na súa carreira deportiva como xogador foron cinco Ligas e catro Copas do Rei co Real Madrid. Como adestrador os maiores logros alcanzounos co Real Madrid e coa selección española, con dúas Ligas, dúas Ligas de Campións, unha Copa Intercontinental, dúas Eurocopas e unha Copa Mundial de Fútbol.
O 3 de febreiro de 2011, foille concedido polo rei Xoán Carlos I de España o título de primeiro "marqués de Del Bosque". O 1 de abril de 2011 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Castela-A Mancha recoñecendo tanto a súa valía persoal como traxectoria e palmarés deportivo.[1]
É o único adestrador que gañou a Copa Mundial de Fútbol (2010), a Eurocopa (2012) -coa selección- e a Liga de Campións da UEFA de clubs (neste caso dúas) -co Real Madrid-. E é o segundo adestrador en conseguir o dobrete Mundial e Eurocopa tras o seleccionador alemán Helmut Schön (gañador da Eurocopa de 1972 e do Mundial de 1974).[2]