Visbank (Delft)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Visbank (en galego: "Mercado do Peixe") é un edificio do século XVIII dedicado ao comercio do peixe, sito no centro histórico da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. [1]
Datos rápidos Visbank ("Mercado do peixe"), Edificio ...
Visbank ("Mercado do peixe") | |
---|---|
O Visbank ao lado da canle Voldersgracht, na praza Cameretten | |
Edificio | |
Tipo | Edificio comercial |
Enderezo | Praza Cameretten, 2. Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′42″N 4°21′27″L |
Uso(s) | Comercio de peixe, como mercado e en hostalaría |
Construción | |
Construción | Século XVIII |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Trátase dunha construción feita sobre a base de 18 columnas nas que se asenta unha cubrición con estrutura de madeira.
O edificio, que foi declarado monumento (Rijksmonument) en 1967, ocupa un lugar principal na praza Cameretten, ao lado da canle Voldersgracht e contra a fachada occidental do mercado de carne. [2]
O Visbank mantén aínda a súa función inicial como mercado de peixe.[3]