xornal galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xornal de Galicia foi un xornal de comunicación xeral e de ámbito galego, fundado o 9 de decembro de 2008, aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa en Internet. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011 e a páxina web pechou o 19 de outubro do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o galego e o castelán.
Xornal de Galicia | |
---|---|
Fundación | 9 de decembro de 2008 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Na rede | |
http://www.xornal.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O director e impulsor foi o xornalista de Brión, José Luis Gómez Gómez, e a primeira subdirección ocupouna María Martínez Val. A súa sede principal estivo situada na Coruña, se ben contou orixinalmente con redaccións tamén en Vigo e Santiago de Compostela. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse Alberto Ramos, Iago Martínez, ou sinaturas como as de Carme Adán, Rafael Cuíña ou Xesús Palmou.
O accionista principal foi Udramedios, a filial de comunicación do grupo de construción San José. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico Xornal.com.
O presidente do consello de administración da empresa foi Domingos Docampo, ex reitor da Universidade de Vigo[1]. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi Miguel Barros Puente.
En marzo de 2011 o director José Luis Gómez Gómez foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráfico[2]. A nova directora pasou a ser María Martínez Val. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011,[3] sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,[4] continuando só a dixital. O 19 de outubro de 2011 pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.