numismático francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Étienne Cartier, nado en Tours o 11 de outubro de 1780 e finado en Amboise o 22 de xullo de 1859, foi un home de negocios, numismático e historiador da arte francés.
Retrato de Étienne Cartier | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1780 Tours, Francia |
Morte | 12 de xullo de 1859 (78 anos) Amboise. |
Director Revue Numismatique | |
1836 – 1856 | |
Q65530714 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | Collège de Pontlevoy (en) |
Q89547790 | Director de Revue numismatique. |
Actividade | |
Campo de traballo | Empresa téxtil, numismática e , historiografía. |
Ocupación | dealer (en) , numismático , historiador , textile manufacturer (en) |
Empregador | Comité des travaux historiques et scientifiques . Société d'encouragement pour l'industrie nationale. Société nationale des antiquaires de France. Conseil général des manufactures. Société d'agriculture, sciences, arts et belles-lettres du département d'Indre-et-Loire. |
Partido político | Legitimismo (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Q72314055 |
Cónxuxe | Judith Thérèse Gaillard (1809). |
Fillos | Étienne Cartier (pt) |
Premios | |
Cabaleiro da Lexión de Honra (1856). | |
Étienne-Jean-Baptiste Cartier era fillo de Madeleine-Perrine Champoiseau (1763-1809) e de Étienne-Alexandre-Gatien Cartier (1755-1830), un comerciante e produtor de seda. Foi bautizado o 12 de outubro de 1780 na parroquia de St. Pierre le Puellier, na súa cidade natal de Tours.[1]
Logo de cursar os seus estudos superiores no colexio da abadía de Pontlevoy, en Loir e Cher, incorporouse ao negocio téxtil familiar, asumindo a dirección do establecemento comercial de Tours. En 1812 foi admitido como membro da Sociedade de Fomento da Industria Nacional.[1][2]
Durante os Cen Días, foi membro da Sociedade de Cabaleiros do Anel e da Sociedade dos Francos Rexenerada, e participou nos movementos realistas de Touraine e Vendée. Baixo a Segunda Restauración, foi concelleiro e xuíz do Tribunal de Comercio de Tours (1824). Tamén foi membro do Consello Xeral de Manufacturas e caixeiro da Casa da Moeda de París (1825).[1]
De volta ao ámbito privado, logo da revolución de xullo de 1830, instalouse en Amboise e dedicouse a traballos históricos, literarios e científicos, con especial interese pola numismática. Baseándose sobre todo nos arquivos do Concello de Tours, preparou unha nota sobre o estado da manufactura da seda baixo Lois XI.[1][2]
Colaborou coa Sociedade de Agricultura, Ciencias, Artes e Letras de Indre-et-Loire; foi admitido como membro correspondente da Sociedade de Anticuarios de Francia en 1834 e fundou a Revue de la numismatique française en 1835, xunto con Louis de La Saussaye, con quen compartiu a súa dirección entre 1836 e 1855.[1][3] Tamén foi membro do Comité dos Traballos Históricos e Científicos de Francia, da Sociedade Académica dos Anticuarios da Morinie e da Sociedade de Anticuarios do Oeste.[2]
A súa obra máis sobranceira é unha serie de artigos publicados entre 1836 e 1842 na Revue de la numismatique fraçaise (posteriormente chamada Revue numismatique), coa que intentou reconstruír a historia da moeda francesa, baixo o título xenérico de "Lettres sur l´histoire monétaire de France". Na mesma revista publicou tamén abundantes artigos acerca de variados aspectos da numismática francesa.[4]
En 1856 concedéuselle o título de cabaleiro da Lexión de Honra.[1]
Étienne Cartier casou o 12 de setembro de 1809 con Judith Thérèse Gaillard, filla de Claude Auguste Gaillard, xuíz do tribunal de Blois, e de Anne Tournyer. Con ela tivo un fillo e dúas fillas: Étienne Cartier (1813-1887),[5] Caroline Cartier e Pauline Cartier.[1]
Étienne cartier finou en Amboise o 22 de xullo de 1859, aos 78 anos.[1][2]
Esta é unha escolma dos traballos publicados por Étienne Cartier ao longo da súa traxectoria:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.