1887
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
- 11 de xaneiro - O médico Joseph Grancher defende o tratamento creado por Louis Pasteur contra a rabia na Academia Nacional de Medicina de Francia.
- 5 de febreiro - Primeira presentación da ópera Otelo, de Giuseppe Verdi.
- 4 de marzo - Gottlieb Daimler presenta o seu primeiro automóbil.
- 21 de xuño - Celebración do Xubileu de Ouro do reinado de Vitoria do Reino Unido.
- 2 de xullo na cidade de Lugo apróbase o proxecto de Constitución para o futuro estado galaico polo Consello Federal de Galicia presidido por Segundo Moreno Barcia
- 26 de xullo - O doutor polaco Zamenhof dá a coñecer o idioma Esperanto, creado por el mesmo durante anos.
- 11 de novembro - Executan en Chicago (Estados Unidos) a 4 obreiros anarquistas que loitaban pola xornada de 8 horas.
- 13 de novembro - Londres. Domingo Sanguento.
- Valentín Lamas Carvajal publica "Gallegada. Tradicións, costumes, tipos e contos da terriña".
- Iemen - Adén convértese en protectorado inglés.
- Créase a Unión Indochina.
- Xapón anexa Iwo Jima.
Remove ads
Nacementos
- 3 de xaneiro - August Macke, pintor alemán.
- 28 de xaneiro - Arthur Rubinstein, pianista polaco.
- 3 de febreiro - Georg Trakl, poeta austríaco.
- 8 de febreiro - José Rego López, sindicalista e político galego.
- 16 de marzo - Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista galego.
- 26 de marzo - Víctor Fraiz Villanueva, mestre e sindicalista galego.
- 9 de abril - Xul Solar, pintor arxentino autodidacta.
- 10 de abril - Bernardo Alberto Houssay, fisiólogo arxentino, Premio Nobel de Medicina (m. 1971).
- 17 de abril - Román Rodríguez de Vicente, enxeñeiro e político galego (m. 1928).
- 28 de xullo - Marcel Duchamp.
- 15 de agosto - Antón Alonso Ríos, mestre, agrarista e político galego.
- 21 de agosto - Alejandro Rodríguez Cadarso, médico e político galego (m. 1933).
- 31 de agosto - Zenobia Camprubí, escritora e lingüista española (m. 1956).
- 6 de outubro - Le Corbusier (Charles Edouard Jeanneret), arquitecto e pintor suizofrancés.
- 6 de outubro - Rafael González Villar, arquitecto galego (m. 1941).
- 5 de novembro - Elpidio Villaverde, político galego.
- 10 de novembro - Arnold Zweig, escritor alemán.
- 15 de novembro - Georgia O'Keeffe, artista estadounidense.
- 17 de novembro - Bernard Montgomery, mariscal de campo británico na segunda guerra mundial.
Remove ads
Mortes

- 26 de febreiro - Carlos Ulloa Varela, cantante lírico galego (n. 1849).
- 27 de febreiro - Aleksandr Borodin, compositor (n. 1833).
- 7 de marzo - Ramón García Abad, sacerdote e xornalista galego (n. 1836).
- 15 de abril - Ramón Segade Campoamor, escritor galego (n. 1831).
- 25 de maio - Nicandro García Taboada, avogado e xornalista galego
- 16 de novembro - José Rufino Echenique, presidente do Perú de 1851 a 1855 (n. 1808).
- 20 de agosto - Jules Laforgue, crítico e poeta simbolista francés (n. 1860).
- 17 de outubro - Gustav Kirchhoff, físico alemán (n. 1824).
- 5 de novembro - Camilo Placer, xornalista e escritor galego (n. 1854).
- 1 de novembro - Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega (n. 1810).
- 25 de novembro - Johann Jakob Bachofen, antropólogo, sociólogo e filólogo suízo (n. 1815).
- 21 de decembro - Eduardo Chao, naturalista, xornalista, historiador e político galego (n. 1822).
Outros
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1887 |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads