From Wikipedia, the free encyclopedia
A úvea é a capa vascular do ollo situada debaixo da esclerótica, consta de tres estruturas: o iris, o corpo ciliar e a coroides, formando unha capa pigmentada. Tamén é chamada cuberta media do globo ocular, tracto uveal e túnica vascular.
O iris, o anel coloreado que rodea a pupila negra, ábrese e pecha como a lente dunha cámara. O corpo ciliar é o conxunto de músculos que ensanchan o cristalino para que o ollo poida enfocar os obxectos próximos e que o fai máis delgado ao enfocar os máis distantes. A coroides é o revestimento interior do ollo que se estende desde o extremo dos músculos ciliares até o nervio óptico, localizado na parte posterior do ollo.
A inflamación da úvea denomínase uveíte.
A uveíte é a inflamación de calquera parte da úvea[1][2]. A úvea pode inflamarse parcial ou completamente. A inflamación circunspecta a unha parte da úvea pódese nomear pola zona afectada, por exemplo, irite[3][4] (inflamación do iris) ou coroidite[5] (inflamación da coroide). A uveíte ten moitas causas posíbeis, algunhas delas limitadas ao ollo, mentres que outras afectan a todo o corpo.[6] Aproximadamente o 40% das persoas con uveíte teñen algunha co-morbilidade, que tamén afecta a órganos doutras partes do corpo. Independentemente da etioloxía, a uveíte pode danar rapidamente o ollo e producir complicacións a longo prazo como glaucoma, cataratas ou desprendemento de retina, entre outros.[7]
Os primeiros síntomas da uveíte poden ser apenas perceptíbeis. A visión pode quedar borrosa ou o individuo pode experimentar un cadro clínico de moscas flotantes (a aparición de puntos negros flotantes no campo de visión)[8]. A dor intensa, a hiperemia da esclerótica e a fotosensibilidade é particularmente común na irite. É posíbel que o médico poida ver vasos sanguíneos prominentes no bordo do iris, cambios na córnea e opacificación do humor vítreo.[9] O médico fai o diagnóstico baseándose en síntomas e resultados do exame físico.[10]
O tratamento, que debe iniciarse o antes posible para minimizar a posibilidade de danos permanentes, adoita incluír o uso de corticosteroides e fármacos pupilodilatadores. Pódense usar outros medicamentos para tratar causas específicas, como, por exemplo, medicamentos anti-infecciosos administrados para eliminar bacterias ou parasitos.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.