Músculo ciliar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O músculo ciliar é un anel muscular liso[1][2] situado na capa media (capa vascular) do ollo humano que controla a acomodación do ollo para ver obxectos situados a maior ou menor distancia e regula o fluxo de humor acuoso no canal de Schlemm do ollo. Fai cambiar a forma do cristalino, pero non o tamaño da pupila, do que se encarga o esfínter da pupila. Cando os músculos ciliares se contraen o cristalino faise máis esférico, ten maior potencia de refracción e permite enfocar obxectos próximos. Cando estes músculos se relaxan vense mellor os obxectos que están lonxe.
Remove ads
Remove ads
Estrutura
Desenvolvemento
O músculo ciliar desenvólvese a partir do mesoderma dentro da coroide[3] e considérase un derivado da crista neural cranial.
Innervación
O músculo ciliar recibe fibras nerviosas do parasimpático e do simpático procedentes do ganglio ciliar chamadas nervios ciliares curtos. Estas fibras postganglionares forman parte do par cranial III (nervio oculomotor).[4] Os sinais simpáticos postsinápticos que se orixinan no ganglio cervical superior son transportados polo nervio nasociliar ou esténdense directamente desde o plexo carotídeo interno e pasan a través do ganglio ciliar. A activación simpática (adrenérxica) dos receptores beta-2 do músculo causan a relaxación e incrementan o tamaño do corpo ciliar. Isto tensa as fibras da zónula e o cristalino estírase e aplánase, o que fai decrecer o seu poder refractivo para pode ver mellor os obxectos que están afastados.
Os sinais parasimpáticos presinápticos que se orixinan no núcleo de Edinger-Westphal son transportados polo par cranial III (o nervio oculomotor) e viaxan a través do ganglio ciliar. A activación parasimpática dos receptores muscarínicos M3 fai que o músculo ciliar se contraia, o que ten como efecto a diminución do diámetro do anel do músculo ciliar. As fibras da zónula reláxanse e o cristalino faise máis esférico, incrementando o seu poder de refracción e permitindo a visión de obxectos próximos.
O ton parasimpático é dominante sobre o ton adrenérxico.[5]
Remove ads
Función
Acomodación
- Artigo principal: Acomodación do ollo.
As fibras ciliares segundo a súa orientación poden ser fibras circulares,[6] lonxitudinais (meridionais) ou radiais.[7]
Segundo a teoría de Hermann von Helmholtz, as fibras musculares ciliares afectan ás fibras da zónula do ollo humano (fibras que sosteñen e manteñen suspendido o cristalino na súa posición durante a acomodación do ollo, tamén chamadas ligamento suspensor do cristalino), permitindo que se produzan cambios na forma do cristalino para enfocar a luz como mellor conveña. Cando o músculo ciliar se contrae, impúlsase cara a adiante e move a rexión frontal cara ao eixe do ollo. Isto relaxa a tensión no cristalino causada polas fibras zonulares (fibras que sosteñen ou aplanan a lente). Esta liberación da tensión nas fibras zonulares causa que o cristalino se faga máis esférico, adaptándose así para enfocar a curta distancia. No caso contrario, a relaxación do músculo ciliar causa que as fibras zonulares estean tensas, aplanando o cristalino, incrementando a distancia focal,[8] e enfocando para a visión de obxectos que están a maior distancia. Aínda que a teoría de Helmholtz foi amplamente aceptada desde 1855, o seu mecanismo aínda é controvertido. Hai teorías alternativas para a acomodación propostas por L. Johnson, M. Tscherning, e Ronald A. Schachar.[1]
Tamaño de poro do retículo microtrabecular
A contracción e relaxación das fibras lonxitudinais, que se insiren no retículo trabecular na cámara anterior do ollo, causa un incremento e decrecemento no tamaño do poro do retículo trabecular, respectivamente. Os poros grandes facilitan que o humor acuoso flúa ao canal de Schlemm, e os poros pequenos impídeno.[9]
Remove ads
Importancia clínica
Glaucoma
O glaucoma de ángulo aberto e o de ángulo pechado poden tratarse con agonistas do receptor muscarínico (por exemplo, a pilocarpina), que causan unha rápida miose e a contracción dos músculos ciliares, abrindo o retículo trabecular, facilitando a drenaxe do humor acuoso no canal de Schlemm e, finalmente, facendo decrecer a presión intraocular.[10]
Galería de imaxes
- As arterias do coroide e o iris. A maior parte da esclerótica foi retirada.
- Iris, vista frontal.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads