Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
AENA
Thumb
Thumb
Editar o valor en Wikidata
TipoEstatal
Fundación1990
LocalizaciónMadrid, España España
IndustriaAviación
Na rede
http://www.aena.es
Instagram: aena.es BNE: XX5490499 Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Funcións

Conforme á lexislación vixente desenvolve as seguintes funcións:

  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións a que se refire a epígrafe anterior.
  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea.
  • Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo.
  • Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licenza oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Filiais

Aena xestiona a través da filial Aena Desenvolvemento Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).

Aeroportos

Aena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Alxeciras, os únicos heliportos da rede.

Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009

Pasaxeiros (2009)

Máis información Aeroporto, Total pasaxeiros ...
AeroportoTotal pasaxeiros
Aeroporto de Madrid-Barajas48 437 147
Aeroporto de Barcelona-El Prat27 421 682
Aeroporto de Palma21 203 041
Aeroporto de Málaga-Costa del Sol11 622 429
Aeroporto de Gran Canaria9 155 665
Aeroporto de Alacant9 139 479
Aeroporto de Tenerife Sur7 108 055
Aeroporto de Xirona-Costa Brava5 286 970
Aeroporto de Valencia4 748 997
Aeroporto de Lanzarote4 701 669
Aeroporto de Eivisa4 572 819
Aeroporto de Tenerife Norte4 054 147
Aeroporto de Sevilla4 051 392
Aeroporto de Fuerteventura3 738 492
Aeroporto de Bilbao3 654 957
Aeroporto de Menorca2 433 666
Aeroporto de Santiago de Compostela1 944 068
Aeroporto de Reus1 706 615
Aeroporto de Murcia-San Javier1 630 684
Aeroporto de Asturias1 316 212
Aeroporto de Granada1 187 813
Aeroporto de Vigo1 103 285
Aeroporto de Xerez1 079 616
Aeroporto da Coruña1 068 823
Aeroporto de La Palma1 043 274
Aeroporto de Santander958 157
Aeroporto de Almería791 837
Aeroporto de Zaragoza528 313
Aeroporto de Valladolid365 720
Aeroporto de Pamplona335 612
Aeroporto de Donostia315 294
Aeroporto de Melilla293 695
Aeroporto de El Hierro183 891
Aeroporto de León95 189
Aeroporto de Badaxoz75 351
Aeroporto de Salamanca53 088
Aeroporto de Vitoria39 933
Aeroporto de Logroño35 663
Aeroporto de La Gomera34 605
Aeroporto de Madrid-Torrejón28 423
Aeroporto de Burgos27 716
Heliporto de Ceuta20 560
Aeroporto de Córdoba15 474
Aeroporto de Albacete15 127
Aeroporto de Huesca6 228
Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos229
Aeroporto de Sabadell0
Aeroporto de Son Bonet0
Pechar

Carga

  1. Aeroporto de Madrid-Barajas (329 186 631 Tm.)
  2. Aeroporto de Barcelona-El Prat (103 996 489 Tm.)
  3. Aeroporto de Vitoria (34 989 727 Tm.)
  4. Aeroporto de Gran Canaria (33 695 248 Tm.)
  5. Aeroporto de Zaragoza (21 438 894 Tm.)
  6. Aeroporto de Palma (21 395 791 Tm.)
  7. Aeroporto de Tenerife Norte (20 781 674 Tm.)
  8. Aeroporto de Valencia (13 325 799 Tm.)
  9. Aeroporto de Tenerife Sur (8 567 093 Tm.)
  10. Aeroporto de Sevilla (6 102 264 Tm.)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.