Aeroporto da Coruña

aeroporto galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Aeroporto da Coruñamap
Remove ads

O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), tamén coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro (Almeiras), no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Historia

O primeiro proxecto do aeroporto na cidade da Coruña foi aprobado en Consello de Ministros o 11 de setembro de 1953 e declaraba o traballo de realización urxente. Se non houbera un proxecto anterior foi en parte debido ás dificultades orográficas e climáticas da zona e o impulso dado á construción do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que fora inaugurado en 1935.

Este primeiro proxecto implicaba a construción dun campo de voos na meseta de Alvedro, en Culleredo, que se consideraba suficiente para a construción dun aeródromo tipo C. En proxectos posteriores incluíuse a construción dunha área de estacionamento e unha terminal de viaxeiros.

En 1961 foron instalados a radiobaliza e os grupos electróxenos da central eléctrica e en 1962 construíuse o predio terminal, realizouse a sinalización da pista de voos e foi urbanizada a contorna da terminal. Mentres estes traballos eran realizados, a Deputación da Coruña encargouse da construción da estrada que uniría o aeroporto coa Coruña e Santiago de Compostela, e a Dirección de Protección do Voo completou as instalacións de axuda á navegación. Finalmente, en 1963, construiríase o predio de servizos.

Unha vez rematadas as obras ábrese o aeroporto ao tráfico aéreo civil español e a inauguración oficial ten lugar o 25 de maio de 1963. O seu primeiro voo foi coa liña de Iberia dende Madrid ata A Coruña e volta.

En 1964, e só durante ese ano, operaría a liña Vigo-Coruña-Santander-Donostia-Barcelona con avións Convair 400. Non foi até 1971, cando se retomou esta liña co mesmo discreto resultado. A finais dos anos 60 chegaron os primeiros voos chárter desde Suíza e Londres.

O 13 de agosto de 1973 tivo lugar o peor accidente da aviación da historia de Galicia en Montrove, Oleiros, no que morreron oitenta e cinco persoas. Este feito reduciu a actividade do aeroporto.

O 28 de abril de 1990 reinaugurouse o aeroporto[1][2] e ó longo de toda a década sufrirá varias modificacións na terminal de pasaxeiros, no alongamento da pista, na construción de fingers e a conexión de voos internacionais a Londres e Lisboa.

Remove ads

Infraestruturas

O aeroporto da Coruña conta cunha pista asfaltada na súa totalidade de 2.340 metros con orientación 035º/215º, resultando as pistas 03 e 21. Esta última cabeceira conta con axudas instrumentales VOR-DME, NDB e ILS CAT II/III, mentres que a pista 03 pese á insistencia por parte das aeroliñas de que se instale un VOR [Cómpre referencia] ao non ser posible o uso dun ILS pola proximidade dun monte de alta elevación que deixa tras de si o punto de decisión, a cabeceira non conta con ningunha axuda instrumental, de modo que as aproximacións a devandita pista son completamente visuais. Así mesmo, a pista é a segunda máis pequena dos aeroportos españois peninsulares logo da pista do aeroporto de San Sebastián. O 25 de xuño de 2015 a pista quedou ampliada en 400 metros ata os 2.340 metros asfaltados, permitindo a operatividad de avións do tipo Airbus A320 a carga completa,[3] ou modelos de maiores dimensións utilizados en voos transoceánicos con certa penalización de carga, como os Airbus A330 ou os Boeing 777[Cómpre referencia].

O aeroporto conta cunha terminal inaugurada en 1996, que conta cunha cafetería, tendas e, por suposto, a zona de facturación e embaque, con 4 portas (gates) en total.

O aparcadoiro do aeroporto terminou as súas obras de ampliación en novembro de 2010, o que implica un aumento considerable de prazas para vehículos, case 2000, distribuídas en catro niveis (un a nivel de chan e tres plantas subterráneas).

Outros dos servizos cos que conta o aeroporto son un pequeno parque de bombeiros, un autobús para desprazar aos pasaxeiros ata os avións que haxa en pista e unha estación turística para voos en avioneta pola cidade da Coruña.

Remove ads

Aeroliñas e destinos

Tráfico

O aeroporto da Coruña experimentou nos últimos anos un notábel incremento do número de viaxeiros, pasando de 367.586 en 1996 a 1.014.780 en 2006. Tamén en número de operacións e no transporte de mercadorías houbo aumento, no 2006 xestionáronse 17.406 operacións e movéronse 554 toneladas de carga.

No 2007 chegouse aos 1.266.804 de pasaxeiros grazas, á implantación de novas aeroliñas como EasyJet e Clickair, e co incremento de frecuencias e rutas que voan sobre Alvedro. Esta cifra do 2007 foi á máxima que rexistrou o aeroporto, pois no 2008 a actividade comercial na terminal experimentou un descenso que continuou no 2009.

Pasaxeiros do aeroporto da Coruña 1994-2018 (en millóns)
Número de pasaxeiros por ano (AENA)
199419951996199719981999200020012002200320042005200620072008
259.000295.286359.854412.325452.367492.611589.000654.064532.236549.850586.218852.0431.014.5001.266.8041.174.970
+14.58%+9.71%+8.9%+19.57%+11.05%-18.62+5.07+6.61%+45.53%+19.07%+24.87%-7,2%
20092010201120122013201420152016 2017 2018
1.068.8231.101.2081.012.800845.452839.837988.8341.025.6881.063.291 1 141 142 1 225 763
-9.05%+3.03%-8.03%-16,52%-0.66%+17,7%+3,7%+3,7% +7,3% + 7,4%
Remove ads

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do aeroporto de Alvedro, Culleredo

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads