A Española
illa do mar Caribe / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Española é unha illa das Grandes Antillas, no mar Caribe, situada ao sueste de Cuba e ao oeste de Porto Rico, ao sur do paralelo 20º. É a segunda illa máis grande do Caribe logo de Cuba, ten unha superficie de 76.000 km², unha lonxitude de 650 km e un largo máximo de 241 km. É unha illa de relevo moi accidentado; o punto máis alto é o Pico Duarte (3.175 m). O sueste está ocupado principalmente por grandes chairas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Datos rápidos Situación, País ...
A Española | |
---|---|
Localización da illa | |
Modelo dixital do terreo da illa | |
Situación | |
País | República Dominicana Haití |
Arquipélago | Antillas Maiores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 19°00′N 70°40′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 76.480 km² |
Perímetro | 3.059 km. |
Punto máis alto | 3.098 m. Pico Duarte |
Demografía | |
Capital | Santo Domingo de Guzmán / Port-au-Prince |
Poboación | 21.396.000 (2015) |
Densidade | 280 hab./km² |
Lingua propia | Español, Francés |
Pechar
Con máis de 15 millóns de habitantes, é a máis poboada das Antillas.
Politicamente está dividida en dous países: a República de Haití, que ocupa o terzo occidental da illa, e a República Dominicana, nos dous terzos occidentais. É a única illa do Caribe que pertence a dous estados distintos.
Máis información País, Densidade de poboación ...
País | Densidade de poboación | Área | Poboación |
---|---|---|---|
(hab./km²) | (km²) | (aprox 2009) | |
Haití | 352 | 27.750 | 9.776.206 |
República Dominicana | 207 | 48.730 | 10,090,000 |
A Española | 260 | 76.480 | 19.866.206 |
Pechar