Cuba
Estado e illa do Caribe / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba.[2][3][4] Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.
República de Cuba | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: ¡Patria o Muerte, Venceremos! (Castelán: Patria ou morte, venceremos!) | |||
Capital • Poboación | A Habana 2 121 871 (2014) | ||
Cidade máis poboada | A Habana | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Forma de goberno | República socialista | ||
Miguel Díaz-Canel Manuel Marrero Cruz[1] | |||
• Guerra dos 10 anos • República • Revolución cubana | 1868 - 1878 20 de maio de 1902 1 de xaneiro de 1959 | ||
Superficie | Posto 106º | ||
• Total | 109 884 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 29 km | ||
Costas | 3 735 km | ||
Poboación | Posto 75º | ||
• Total (2019) | 11.193.470 hab. | ||
• Densidade | 101,9 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 65º | ||
• Total (2012) | 71 017 millóns US$ | ||
• per cápita | 6 301 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 64º | ||
• Total (2019) | 100 023 millóns US$ | ||
• per cápita | 8 821 US$ | ||
Moeda | Peso ($, CUP ) | ||
IDH (2019) | 0,783 (70º) – Alto | ||
Xentilicio | Cubano, cubana | ||
Fuso horario | UTC-5 | ||
• Horario de verán | UTC-4 | ||
Dominio de Internet | .cu | ||
Prefixo telefónico | +53 | ||
Prefixo radiofónico | CLA-CMZ / T4A-T4Z / COA-COZ | ||
Código ISO | 192 / CUB / CU | ||
Membro de: ONU, OEA, OEI, ALBA, ALADI, G20, G77, NOAL, Grupo de Río | |||
A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura militar de Fulgencio Batista en 1952.[5][6][7] O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista liderado por Fidel Castro. Dende ]]1965]] o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.
Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico en que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes. Estas inclúen os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español e a introdución de escravos procedentes de África. A estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos tamén exercen unha importante influencia sobre o país.
Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.783 no 2019.[8] Segundo os datos das Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.[9][10]