A forza do cariño
filme dirixido por James L. Brooks en 1983 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A forza do cariño (en versión orixinal inglesa Terms of Endearment) é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por James L. Brooks que se estreou en 1983. É unha adaptación da novela de Larry McMurtry, e está protagonizada por Shirley MacLaine, Debra Winger, Jack Nicholson, Danny DeVito, Jeff Daniels e John Lithgow. A historia abrangue 30 anos da relación entre Aurora Greenway (MacLaine) e a súa filla Emma (Winger).
Datos rápidos A forza do cariño, Ficha técnica ...
A forza do cariño | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Terms of Endearment |
Director | James L. Brooks |
Produtor | James L. Brooks |
Guión | James L. Brooks |
Baseado en | Terms of Endearment de Larry McMurtry |
Intérpretes | Shirley MacLaine Debra Winger Jack Nicholson Danny DeVito Jeff Daniels John Lithgow |
Música | Michael Gore |
Fotografía | Andrzej Bartkowiak |
Montaxe | Richard Marks |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 131 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $8 000 000[1] |
Recadación | $108 423 489 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
O filme recibiu 11 nomeamentos ós Premios Oscar e gañou cinco. Brooks gañou o premio polo mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado, mentres que MacLaine gañou o Oscar á mellor actriz e Nicholson gañou o Oscar ó mellor actor secundario. Ademais, gañou catro Globos de Ouro.