A vía láctea (en francés: La Voie lactée) é un filme francés de 1969 do director aragonés Luis Buñuel, ambientado no Camiño de Santiago. Está protagonizado por Laurent Terzieff, Paul Frankeur, Delphine Seyrig, Georges Marchal e Michel Piccoli. Buñuel considerou A vía láctea a primeira parte dunha triloxía (xunto con O discreto engado da burguesía e A pantasma da liberdade) sobre "a busca da verdade."[1]
A vía láctea | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Voie lactée |
Director | Luis Buñuel |
Produtor | Serge Silberman |
Guión | Suzanne Durrenberger |
Intérpretes | Paul Frankeur Laurent Terzieff Michel Piccoli |
Música | Luis Buñuel |
Fotografía | Christian Matras |
Montaxe | Louisette Hautecoeur |
Estudio | Greenwich Film Productions Medusa Produzione |
Estrea | Turín: 28 de febreiro de 1969 3 de agosto de 1991 (TVG) |
Duración | 91 minutos (Francia) 101 minutos (Alemaña) 105 minutos (USA) |
Orixe | Francia Alemaña Occidental Italia |
Xénero | Drama e surrealismo |
Na rede | |
Mestura simbolismos do catolicismo e o comunismo cunha estética surrealista e unha narrativa cinematográfica non linear, nunha visión persoal da herexía cristiá dende a época romana e a través do relato de dous peregrinos que atravesan Francia e España percorrendo o Camiño.[2]
Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.[3]
Dous aventureiros franceses, dende as aforas de París, deciden ir en peregrinación a Santiago de Compostela, mais non pola peregrinación senón coa intención de roubar a algúns peregrinos. Durante a viaxe coñecen numerosas personaxes e viven situacións estreitamente vinculadas ás crenzas relixiosas.
- Paul Frankeur como Pierre.
- Laurent Terzieff como Jean.
- Delphine Seyrig como a prostituta.
- Édith Scob como a Virxe María.
- Bernard Verley como Xesucristo.
- Georges Marchal como o xesuíta.
- Pierre Clémenti como o Anxo da Morte.
- Julien Guiomar como o cura.
- Julien Bertheau como M. Richard.
- Alain Cuny como o home con capa.
- Michel Piccoli como o Marqués de Sade.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.