From Wikipedia, the free encyclopedia
Abdala bin Husain (en árabe: عبد الله بن حسين), rei como Abdalá I,[1] nado na Meca en 1882 e finado en Xerusalén o 20 de xullo de 1951, foi o primeiro rei de Xordania.
Abdullah era fillo do xerife da Meca, cabeza da dinastía dos haxemís, a quen o Reino Unido prometerá recoñecer a independencia dos territorios árabes de Asia nun único estado a cambio da súa axuda na loita contra o Imperio Otomán.
Antes da primeira guerra mundial Abdullah foi vicepresidente do parlamento de Istambul. O seu irmán, Faysal, deputado na mesma cámara, dirixiu a rebelión árabe que combateu os turcos dende Hiyaz ata tomar Damasco en 1918, dous anos despois de que o xerife Husayn se proclamara rei. Unha vez acabada a guerra os aliados desfixeron o embrión de Estado que se creara dende Damasco e a cambio colocaron a Faysal e a Abdullah á cabeza de dous países creados artificialmente, Iraq e Transxordania.
Abdullah recibiu Transxordania como feudo en 1921.[2] Tratábase en realidade dun corredor a través do deserto que comunicaba as dúas zonas de influencia británicas, Iraq e Palestina. O 25 de maio de 1923 Transxordania obtivo a independencia coa denominación de emirato.
O rei foi unha personaxe pouco popular entre os árabes de Oriente Medio debido á súa política clientelar respecto dos Estados Unidos e o Reino Unido, á súa proximidade a Israel e á represión que desatou contra os seus detractores. Por outra banda, nunca abandonou a ambición haxemí de ser rei dun reino árabe unificado, o que lle provocou a inimizade das capas dirixentes doutros estados, especialmente os sauditas. En setembro de 1949 converteuse no primeiro sefe de estado estranxeiro que visitou a España franquista, pasando tres días na cidade da Coruña.[3][4]
O 20 de xullo de 1951 Abdullah morreu nun atentado na mesquita de Al-Aqsa de Xerusalén. Catro días antes fora asasinado en Amán o primeiro ministro líbanés Riad Bey al-Solh, e Abdullah atopábase na cidade para participar nunha cerimonia fúnebre na súa honra. Estaba a agardar a que dese comezo a oración do venres co seu neto Hussein bin Talal (futuro rei) cando un activista palestino, Mustafa Shukri, abriu fogo contra el alcanzándoo na cabeza. Abdullah e al-Solh morreron baixo a acusación de estar levando a cabo negociacións secretas con Israel para firmar unha paz á marxe dos acordos acadados na Liga Árabe. A investigación xordana sinalou dous dirixentes palestinos como cerebros do complot, o doutor Abd Allah Husayni e o coronel Abd Allah Tell, antigo gobernador militar de Xerusalén.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.