Emirato
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un emirato[1][2] (árabe: إمارة imāra, plural: إمارات imārāt) é un territorio político baixo a administración dun emir, sendo un tipo de monarquía característica de Oriente Medio e o Mundo Árabe. En árabe, o termo pode ser xeneralizado a unha provincia ou país que é administrado por un membro da clase dominante.
Desde un punto de vista histórico, un emirato é unha unidade político-relixiosa menor que un califato, sendo a Península Ibérica o primeiro territorio onde un emirato se converteu, autoproclamándose, nun califato.
Algúns equivalentes do termo poden ser os principados no mundo occidental e os beilicatos do antigo Imperio Otomán.
Remove ads
Lista de emiratos
Emiratos actuais
Na actualidade, existen varias unidades políticas correspondentes a emiratos na península arábiga. Destes, dous son estados independentes e sete forman unha confederación de emiratos, os Emiratos Árabes Unidos.
Qatar, emirato independente desde 1971.
Kuwait, emirato independente desde 1961.
Emiratos Árabes Unidos, confederación de emiratos, desde 1971. Composto por:
Abu Zabi
Axman
Dubai
Fujairah
Ras Al-Khaimah
Sharjah
Umm al Qaywayn
Emiratos históricos
Bahrain, emirato de 1971 a 2002, actualmente reino.- Emirato de Córdoba, 756-929
- Emirato de Granada, 1238-1492
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads