Accipiter
xénero de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
Accipiter é un xénero de aves de presa das familia Accipitridae (accipítridos). O xénero comprende unhas 50 especies, das cales en Galicia viven dúas: o azor (Accipiter gentilis) e o gabián (Accipiter nisus). Poden distinguirse anatomicamente dos seus parentes pola falta de forame (burato) procoracoide. Non obstante, hai dúas especies un tanto anormais que se sitúan tamén neste xénero que posúen dito forame pero que se distinguen pola secuencia de ADN. Isto garantiza a súa diferenciación do antigo xénero Hieraspiza.[1]
Accipiter | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Azor (Accipiter gentilis) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Hieraspiza Kaup, 1844 (but see text) |
Os Accipiter existentes oscilan en tamaño desde o A. minullus, no cal os machos máis pequenos miden 20 cm de longo, 39 cm de envergadura alar e pesan 68 g, ao A. gentilis, no cal as femias máis grandes miden 64 cm de longo, cunha envergadura alar de 127 cm e un peso de 2.200 g.[2] Estas aves son delgadas, con ás arredondadas, anchas e curtas e unha longa cola que lles axuda a manobrar en voo. Teñen longas patas e longas e agudas gadoupas que usan para matar as presas, e un bico agudo e ganchudo na punta co que se alimentan. As femias adoitan ser máis grandes que os machos. A miúdo emboscan as sñuas presas, principalmente pequenos paxaros e mamíferos, capturándoos despois dunha curta persecución. O seu patrón de voo típico é unha serie de batidos de ás seguidos dun curto planeo. Encóntranse xeralmente en áreas de bosques ou arbustos.
O xénero Accipiter foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[3][4] O nome procede da palabra latina que significaba 'falcón', procedente de accipere, que significaba 'agarrar, atrapar'.[5]