especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O pradairo real[1] (Acer platanoides), tamén coñecido coma pradairo noruegués, é unha especie arbórea pertencente á familia das aceráceas. Non aparece en Galiza de xeito espontáneo, atopándose coma ornamental nalgúns parques e xardíns.
Pradairo real | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas do pradairo real | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Acer platanoides' L. | |||||||||||||||||||
Distribución |
Medra en Europa, o Cáucaso, e Asia Menor. Na Península Ibérica a súa presenza limítase aos Pireneos e cultivares ornamentales.[2][3] Medra ben en solos fondos en medios de faiais, carballeiras e pradeira, en zonas de tebras. Prefire un substrato rico en substancias nutritivas.
É un árbore caducifolia que pode acadar até 35 m de altura, aínda que o habitual é que non supere os 25 m. Presenta unha casca lisa e cinsenta clara. As follas son palmadas e dentadas. As flores son de cor verde amarelenta e se dispoñen en panículas. O froito, sámara, constitúeno dúas noces unidas con ás formando entre si un ángulo.[4][5][6][7]
En Europa hai dúas especie de pradairos moi semellantes que se poden confundir de xeito doado. As dúas especies presentan exemplares elevados, que poden acadar até 30–35 m de altura.
Especies | pradairo real (Acer platanoides) | pradairo bravo ou común (Acer pseudoplatanus) |
---|---|---|
Casca das árbores adultas | Lisa, vai ter fendas verticais coa idade | Semellante á do plátano oriental, despréndese en placas |
Gomos | de cor granate | de cor verde |
Follas | Hai cultivares con follas de cor vermella púrpura | Son de cor verdes |
Flores | Aparecen no momento de se abrir os gomos | Aparecen pouco despois das follas |
Froitos (sámaras) | As sámaras atópanse na base das franzas e ten as sementes aplanada. | As sámaras atópanse nas franzas e teñen a semente redonda. |
Esta árbore pode chegar aos 150-200 anos, considerabelmente menor que outras especies de pradairos. O nome do xénero xa era empregado polos romanos ("acer": rexo, duro). Segundo outros autores, o seu nome deriva da voz celta "ac", espiña oo punta, por se ter utilizado para fabricar puntas de lanza. É sensíbel a unha micose ocasionada polo fungo Rhytisma acerinum, o que lle ocasiona unhas tacas semellantes ao alcatrán nas súas follas.
subsp. platanoides
|
subsp. turkestanicum (Pax) P.C.de Jong
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.