Aciclovir
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aciclovir é a Denominación común internacional (DCI) dun fármaco antiviral análogo da guanosina.[1] Utilízase principalmente para tratar infeccións polo virus herpes simplex, a varicela e o herpes zóster.[1] Outros usos son a prevención de infeccións por citomegalovirus despois dun transplante e de infeccións debidas ao virus de Epstein-Barr (mononucleose infecciosa).[1] Este fármaco impide a replicación viral ao interferir coa síntese de ADN viral, diminuíndo a extensión e duración da doenza.
Aciclovir | |
---|---|
2-Amino-1,9-dihidro-9-((2-hidroxietoxi)metil)-6H-purin-6-ona | |
Outros nomes Acicloguanosina, Acyclovir; Cyclovir, Zovirax, Herpex, Acivir, Acivirax, Zoral, Xovir, Imavir | |
Identificadores | |
Número CAS | 59277-89-3 |
PubChem | 2022 |
KEGG | D00222 |
ChEBI | CHEBI:2453 |
Código ATC | J05AB01 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | H11N5O3 |
Masa molar | 129,12 g mol−1 |
Punto de fusión | 256,5 °C |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Entre os efectos lateriais graves deste medicamento están a disfunción renal e a diminución das plaquetas.[1] Entre os efectos laterias comúns están náuseas e diarreas.[1] Recoméndase especial coidado no uso deste fármaco ás persoas cunha función hepática ou renal deficiente.[1] O aciclovir considérase seguro para usalo durante o embarazo.[1][2]
É unha das medicinas incluídas na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, na que se inclúen as medicinas máis importantes necesarias nun sistema sanitario.[3] Comercialízase con nomes de marca como Cyclovir e Zovirax entre outros. O nome químico do produto é acicloguanosina (ACV).[4]