actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Adam Douglas Driver, nado o 19 de novembro de 1983, é un actor estadounidense. Durante a súa carreira recibiu numerosos premios, incluíndo a Copa Volpi ó mellor actor, así como nomeamentos ós Premios Tony, ós Premios Óscar, e ós Premios Primetime Emmy.
Driver fixo o seu debut en Broadway con Mrs. Warren's Profession (2010) e despois apareceu en Man and Boy (2011). Acadou certa fama co papel secundario na serie de HBO Girls (2012–2017), polo cal recibiu tres nomeamentos consecutivos ós Premios Primetime Emmy. Driver comezou a súa carreira no cinema en papeis secundarios en Lincoln (2012) de Steven Spielberg, Frances Ha (2012) de Noah Baumbach, Inside Llewyn Davis (2013) dos irmáns Coen e Silence (2016) de Martin Scorsese. Gañou a Copa Volpi ó mellor actor polo seu papel no drama Hungry Hearts (2014) e protagonizou Paterson (2016) de Jim Jarmusch.
Driver conseguiu o recoñecemento internacional pola súa interpretación de Kylo Ren na triloxía secuela (2015–2019) da Guerra das galaxias. En 2019, regresou ó teatro con Burn This, papel polo cal foi nomeado ó Premio Tony ó mellor actor. Conseguiu dous nomeamentos consecutivos ós Premios Óscar; como mellor actor secundario por BlacKkKlansman (2018) de Spike Lee, e como mellor actor por Marriage Story (2019) de Noah Baumbach.[1]
Driver é veterano da Corpo de Marines dos Estados Unidos.[2][3] É fundador de Arts in the Armed Forces, unha organización sen ánimo de lucro que achega programas artísticos de balde para militares en servizo, veteranos, asistentes e as súas familias en todo o mundo.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.