político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Adrián Pumares Suárez, nado en Llaviana o 14 de xuño de 1989, é un político asturiano. Secretario xeral de Foro Asturies e deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1989 (35 anos) Llaviana, España |
Deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias | |
24 de xuño de 2019 – | |
Q72550816 | |
28 de setembro de 2018 – | |
Q64815369 | |
xuño de 2015 – outubro de 2016 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Foro Asturias |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciouse en economía na Universidade de Oviedo. Xogou ao rugbi no Pilier Rugby Club nas ligas rexionais de afeccionados. Dirixiu a área de economía de Foro Asturias, foi secretario xeral local do seu partido e concelleiro en Llaviana dende o 13 de xuño de 2015 ao 12 de outubro de 2016, ao deixar o cargo por razóns laborais[1].
Dende novembro de 2018 é o secretario xeral de Foro Asturias, deputado dende o 24 de xuño de 2019 e o seu voceiro na Xunta Xeral do Principado de Asturias[2][3]. Durante os debates da reforma do Estatuto de Autonomía na Xunta Xeral a finais de 2021 para facer do asturiano e do galego de Asturias linguas oficiais na autonomía, no que o seu voto era decisivo e no que defendeu un apoio condicionado, sufriu ataques por parte de partidos e organizacións contrarias a esa oficialidade[4]. No V Congreso do seu partido, en setembro de 2022, elixírono como candidato á Presidencia de Asturias nas eleccións de maio de 2023 [5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.