2019
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
2019 (MMXIX) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Remove ads
Acontecementos

Xaneiro
- 1 de xaneiro: Jair Bolsonaro xura o seu cargo como novo presidente do Brasil.
- 1 de xaneiro: a sonda New Horizons sobrevoa 486958 Arrokoth, o obxecto celeste máis lonxe do sistema solar ao que chegou unha nave espacial.[1]
- 3 de xaneiro: a sonda chinesa Chang'e 4 aluniza na cara oculta da Lúa.[2]
- 23 de xaneiro: Angola despenaliza a homosexualidade.
Febreiro
- 24 de febreiro: realízase un referendo constitucional en Cuba.
Marzo
- 7 de marzo: dende as 16:53 hora local (GMT-4) rexístrase un apagamento a nivel nacional en Venezuela.
- 10 de marzo: un avión Boenig 737 da compañía Ethiopian Airlines espétase preto de Adís Abeba, morrendo os seus 157 ocupantes.
- 15 de marzo: un home mata a 50 persoas e deixa feridas a outras 50 nun atentado terrorista contra dúas mesquitas de Christchurch, Nova Zelandia.

Abril
- 2 de abril: Abdelaziz Bouteflika dimite como presidente de Alxeria despois de 20 anos de mandato.
- 10 de abril: o consorcio Event Horizon Telescope presenta a primeira imaxe dun burato negro, na galaxia M87.
- 11 de abril: Julian Assange, fundador de WikiLeaks, é detido na embaixada de Ecuador en Londres.[3]
- 15 de abril: un incendio arrasa o teito da Catedral de Notre-Dame de París, que estaba en obras.
- 28 de abril: celébranse eleccións xerais en España, as décimo cuartas dende a transición.
Maio
- 26 de maio: eleccións municipais e autonómicas en España.
- 26 de maio: eleccións ao Parlamento Europeo.
- 31 de maio: un tiroteo en Virginia Beach, nos Estados Unidos, deixa 13 mortos e 4 persoas feridas.
Xuño
- 9 de xuño: protestas en Hong Kong contra a lexislación proposta sobre a extradición a China, sendo a protesta máis grande na rexión administrativa especial dende a transferencia da súa soberanía a China en 1997.
Xullo
- 24 de xullo: Boris Johnson asume o cargo de primeiro ministro do Reino Unido, sucedendo a Theresa May.
Agosto
- 3 de agosto: un tiroteo nun centro comercial de El Paso, en Texas, deixa 22 mortos e 24 persoas feridas.
- 4 de agosto: un tiroteo en Dayton, no estado de Ohio, deixa 10 mortos e 16 feridos.
- 17 de agosto: un atentado durante unha voda en Cabul (Afganistán) deixa 63 persoas mortas e 182 feridas.
- Do 24 ao 26 de agosto: 45º cume do G7 na cidade francesa de Biarritz.
- 28 de agosto: a activista medioambiental Greta Thunberg chega a Nova York despois quince días de travesía no océano Atlántico para asistir a unha rolda de conferencias na sede das Nacións Unidas o 23 de setembro.
Setembro
- 2 de setembro: un atentado en Cabul (Afganistán) deixa 21 mortos e 119 feridos.

Outubro
- Do 2 ao 13 de outubro: protestas en Ecuador en contra das medidas económicas propostas polo goberno de Lenín Moreno.
- 8 de outubro: un atentado contra unha sinagoga en Halle (Alemaña) deixa dúas persoas mortas.[4]
- 14 de outubro - actualidade: protestas en Cataluña, e en menor medida noutras partes de España, pola sentenxa do xuízo aos líderes do proceso independentista catalán.
- 14 de outubro - actualidade: protestas en Chile en resposta as alzas do sistema público de transporte e ás más condicións sociais e económicas do país.
- 24 de outubro: en España, realízase a exhumación dos restos do ditador Francisco Franco, autorizada polo goberno de Pedro Sánchez.
- 26 de outubro: suicídase o líder do Estado Islámico Abu Bakr al-Baghdadi en Siria.
Novembro
- 10 de novembro: eleccións xerais en España, as segundas en 2019 despois de que as principais forzas políticas do país non chegasen a un acordo tras as eleccións de abril.
- 22 de novembro: o Blue Star, un buque quimiqueiro, encalla na costa de Galicia, preto de Ares.
- 26 de novembroː un forte terremoto sacude Albania, deixando 50 persoas mortas e máis de 900 feridos.
- 29 de novembroː un ataque terrorista, reivindicado polo Estado Islámico, deixa dous mortos e cinco feridos en Londres.[5]
Decembro
- Do 2 ao 13 de decembro: Celébrase en Madrid a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático
Remove ads
Mortes
- Artigo principal: Finados en 2019.
Xuño
- 9 de xuño: Ahmed Essop, escritor surafricano (n. 1931).
Xullo
- 15 de xullo: Jesús Sánchez Gallego[6] (n. en 1936).
Outubro
- 1 de outubro - Miguel León Portilla, especialista na cultura dos náhuatl (n. 1926).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads