Aeroescorregador
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroescorregador[1], hóvercraft[2] ou autoesvarador[3] é un vehículo que se apoia nun colchón de aire que reduce as forzas de fricción, sendo capaz de atravesar diversos tipos de solo así como de desprazarse na superficie da auga. Foi inventado en 1953 polo inventor británico Christopher Cockerell, quen foi condecorado polo seu traballo como enxeñeiro en 1969.