![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Bristol_airport_overview.jpg/640px-Bristol_airport_overview.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de Bristol
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Bristol (IATA: BRS, ICAO: EGGD) é un aeroporto británico que serve a Bristol. Atópase a 13 km ao sueste do centro da cidade. Construído onde se atopaba un antigo aeródromo da Royal Air Force, inaugurouse no ano 1957 como aeroporto de Bristol (Lulsgate),[1] substituíndo ao de Bristol (Whitchurch) como aeroporto municipal. Dende 1997 ata 2010 foi coñecido como Aeroporto Internacional de Bristol.[2]
Datos rápidos Bristol Airport, IATA: BRS – ICAO: EGGD ...
Aeroporto de Bristol Bristol Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Ontario Teachers' Pension Plan | ||
Cidade/Illa | Bristol | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.bristolairport.co.uk/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 2 011 | 6 598 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 7 610 780 | ||
Pechar
No ano 2016 foi o noveno aeroporto máis concorrido do Reino Unido, pasando polas súas instalaciñons 7,6 millóns de pasaxeiros, un incremento dun 12% con respecto a 2015.[3] Entre as aeroliñas con base no aeroporto están easyJet, Ryanair, Thomas Cook, Thomson Airways e BMI Regional.