Aeroporto de Plovdiv
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Plovdiv (IATA: PDV, OACI: LBPD) é o aeroporto que serve á segunda cidade máis grande de Bulgaria, Plovdiv. É o cuarto aeroporto máis concorrido do país, despois dos de Sofía, Burgas e Varna. Tamén é coñecido como aeroporto de Plovdiv Krumovo, por unha pequena vila ao lado do mesmo situada a 6 quilómetros ao sueste de Plovdiv.
Aeroporto de Plovdiv Летище Пловдив | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Letishte Plovdiv EAD | ||
Cidade/Illa | Plovdiv | ||
Localización | Krumovo | ||
Elevación (msnm) | 182 metros / 597 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.plovdivairport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 500 | 8 202 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 77 649 | ||
O aeroporto de Plovdiv serve á estacións de esquí próximas de Bansko, Pamporovo e Borovets, e polo tanto opera principalmente voos chárter durante o inverno, dende finais de decembro ata marzo. Principalmente opera voos chárter cara ao Reino Unido e Rusia. Tamén xoga un papel importante en caso de emerxencias e é usado ocasionalmente como aeroporto alternativo para o de Sofía, que se atopa a uns 150 quilómetros de distancia.