![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Houston_airports_logo_blue.png/640px-Houston_airports_logo_blue.png&w=640&q=50)
Aeroporto intercontinental George Bush
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto intercontinental George Bush (IATA: IAH, OACI: KIAH) é un aeroporto internacional en Houston, Texas, que serve á súa área metropolitana, a quinta máis grande dos Estados Unidos. Está situado a uns 37 quilómetros ao norte do centro da cidade, entre a Interestatal 45 e a Interestatal 69/U.S. O aeroporto ten voos regulares a un gran número de destinos tanto domésticos como internacionais. Foi bautizado na honra de George H. W. Bush, o 41º presidente dos Estados Unidos. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 41 622 594 pasaxeiros,[1] converténdoo no 43º aeroporto máis concorrido do mundo.
Aeroporto intercontinental George Bush George Bush Intercontinental Airport | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Cidade de Houston | ||
Operador | Houston Airport System | ||
Localización | Houston, Texas | ||
Elevación (msnm) | 30 metros / 97 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.fly2houston.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
15L/33R | 3 658 | 12 001 | formigón |
15R/33L | 3 048 | 10 000 | formigón |
9/27 | 3 048 | 10 000 | formigón |
8L/26R | 2 743 | 9 000 | formigón |
8R/26L | 2 866 | 9 402 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 41 622 594 | ||
Houston é o segundo centro de conexións para pasaxeiros máis grande de United Airlines, só por detrás do aeroporto Internacional O'Hare de Chicago. IAH foi o principal centro de conexións, tanto doméstico como internacional, de Continental Airlines antes da súa fusión con United Airlines.
O aeroporto serve como cidade focal para Spirit Airlines. Operando para United Express, as aeroliñas Expressjet Airlines e Skywest Airlines utilizan IAH como centro de conexións. Durante os anos 70 e comezos dos 80 o aeroporto serviu como cidade focal para varias grandes aeroliñas como a orixinal Braniff International Airways, Delta Air Lines, Eastern Air Lines, National Airlines e Pan American World Airways. Foi centro de conexións da aeroliña baseada en Houston Texas International Airlines e da aeroliña rexional Metro Airlines tamén baseada na área de Houston.