Agorafobia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A agorafobia é o medo irracional e inmotivado que se traduce en sensación de angustia ou pánico ante os espazos abertos, non polo espazo de seu senón polo temor a enfermar ou quedar incapacitados para liscar do lugar[1], dáse especialmente cando o individuo está só[2], os síntomas depresivos e obsesivos e fobias sociais poden estar presentes pero non dominan o cadro clínico. A agorafobia diagnostícase en relación á angustia, ben como trastorno de angustia con agorafobia ou ben, aínda que é rara[3], como agorafobia sen historia de trastorno de angustia[4], pero para algúns autores a agorafobia é unha consecuencia da angustia mentres para outros é a crise de angustia a consecuencia da agorafobia[5]. De non se realizar tratamento a agorafobia deriva en crónica.