From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling, coñecido como Alexander von Keyserling, nado o 15 de agosto de 1815 na Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia, que máis tarde pasou a ser unha provincia do imperio Ruso (hoxe Letonia), e finado o 8 de maio de 1891 na Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, foi un aristócrata, paleontólogo, naturalista, xeólogo, botánico, e zoólogo alemán, que traballou no imperio Ruso.
Nome orixinal | Alexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de agosto de 1815 Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia |
Morte | 8 de maio de 1891 Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, Imperio Ruso |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xermano-báltica (nacemento) Rusa (posteriormente) |
Grupo étnico | Alemáns do Báltico |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía |
Ocupación | Naturalista (xeólogo, paleontólogo, botánico, zoólogo) |
Membro de | |
Lingua | Lingua latina e lingua alemá |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Keyserl. |
Familia | |
Cónxuxe | Zinaida Keyserling |
Fillos | Leo Gebhard Alexander Gf. von Keyserling (en) , Helene Keyserling (en) , Marie von Keyserling (en) |
Pais | Heinrich Diedrich Wilhelm Gf. von Keyserling (en) e Anna von Nolde (en) |
Parentes | Georg Cancrin (pt) (sogro) Hermann Graf Keyserling (pt) (neto) |
Premios | |
Premio Demidov | |
Fillo do conde Heinrich Dietrich Wilhelm von Keyserling e da súa esposa Anne Amélie Bénigne von Nolde, formaba parte dunha destacada familia aristocrática xermano-báltica, os Keyserling.
Está considerado como un dos fundadores da xeoloxía rusa.
Realizou numerosas expedicións finaciadas polo seu amigo, o tsar Nicolao I.
Ademais dos seus traballos en xeoloxía, realizou numerosas investigacións en botánica e en zooloxía.
Casou en 1844 coa condesa Zénaide Cancrin (1821-1885), filla do célebre ministro de Finanzas de Nicolao I Georg Cancrin.
Ocupou varios cargos, entre eles curador da Universidade de Tartu (1862-1869).
En 1847 retirouse da súa carreira académica, establecéndose na mansión Rayküll, que adquirira como dote para o seu matrimonio coa fija do ministro de Finanzas ruso George Cancrin.
A abreviatura Keyserl. emprégase para indicar a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
A abreviatura Keyserling emprégase para recoñecer a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.