político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1970 (54 anos) Cervo, España |
Conselleiro da Xunta de Galicia | |
2023 – | |
Alcalde de Cervo | |
2007 – 2023 – Dolores García Caramés → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cervo |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. Dende 1999 formou parte do equipo de goberno de Cervo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015[1] e nas de 2019[2], tras as cales ademais foi vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia[3].
Predecesor: José Ínsua Pernas |
Alcalde de Cervo 2007 - 2023 |
Sucesor: Dolores García Caramés |
Predecesor: Rosa Quintana |
Conselleiro do Mar 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.