Algodón
fibra que se obtén do froito do algodoeiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O algodón[1] ou cotón[2] é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
Este artigo trata sobre a fibra. Para a planta véxase: Algodoeiro.