microbióloga galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Alicia Carolina Estévez Toranzo 20 de novembro de 1955 (68 anos) Pontevedra, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Microbióloga, investigadora e catedrática de Universidade |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Lingua | castelán e inglés |
Premios | |
Licenciouse en Bioloxía en 1977, con premio nacional fin de carreira ao mellor expediente, e en Farmacia en 1979, pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] e fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade, coa lectura, en 1980, da tese "Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmónidos en el medio acuático: inactivación de polio 1 por bacterias mariñas produtoras de antibiótico", dirixida polo doutor Benito Regueiro Varela.[2]
Nas súa pallabras, sempre di «que é doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia».[1]
Alicia Estévez continuou profesionalmente as súas tarefas docentes e investigadoras na universidade compostelá, onde chegou a ser catedrática de Microbioloxía en 1991.[3]
Nos seus traballos estudou as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura, dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento.
Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria.[4]
É codirectora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario,[5] e é, ademais, membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[1]
Na actualidade, o seu grupo de investigación está a traballar nun proxecto que estuda a influencia do cambio climático na aparición de enfermidades nos peixes, porque a subida da temperatura «lles gusta aos patóxenos, baixa a salinidade, os peixes estrésanse e baixan as súa defensas».[1]
En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias,[6] a segunda muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. Ademais, o 13 de decembro de 2017 ingresou na Real Academia de Farmacia de Galicia[7][8] co discurso Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación.[9] Desde 2018 a doutora Alicia Estévez forma parte do plenario do Consello da Cultura Galega, en representación da Real Academia Galega de Ciencias.[10][11]
É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index (SCI), así como de 22 capítulos de libros.[7]
É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose). [7]
Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas e privadas.[7]
Impartiu 48 conferencias nacionais e internacionais en congresos, mesas redondas e obradoiros ademais participar no comité de expertos nacional e internacional en diferentes comisións de avaliación de proxectos. [7]
É membro activo de dez sociedade científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[7]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[12]
No período entre 1980 e 2016 publicou tres libros, un capítulo nun libro colectivo e catro artigos en revistas científicas.
A doutora Alicia Estévez dirixiu 16 teses de doutoramento.[2][16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.