Faro de Vigo
xornal publicado en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela (Redondela), e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Remove ads
Directores
- José Carvajal Pereira (1853-1861)
- Ángel de Lema Marina (1861-1881)
- Eladio de Lema Martín (1881-1928)
- Ángel de Lema Rubido (1928-1929)
- Manuel Otero Bárcena (1929-1944)
- Blas Agra Mancebo (1944-1949)
- Francisco Leal Insua (1949-1961)
- Manuel González Cerezales (1961-1964)
- Álvaro Cunqueiro (1964-1970)
- Manuel Santaella Pérez (1970-1975)
- Xosé A. Landeira Yrago (1975-1978)
- Xosé Armesto Faginas (1978-1986)
- Ceferino de Blas (1986-1994)
- Julio Puente (1994-2000)
- Pedro Pablo Alonso (2000-2006)
- Juan Carlos Da Silva (2006-2019)
- Rogelio Garrido García (dende 2019)
Remove ads
Imaxes de portadas significativas
- 3 de novembro de 1853, núm. 1, ano I.
- 29 de agosto de 1898, repatriados de Cuba.
- 7 de agosto de 1914, Guerra europea.
- 1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia.
- 15 de abril de 1931, proclamación da república.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads