especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A Alisma plantago-aquatica é unha especie de planta acuática pertencente á familia da alismatáceas.
Alisma plantago-aquatica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
É unha planta herbácea perenne que alcanza 10-100 cm de lonxitude cunha raíz fibrosa e bulbosa con varias follas basais de 15-30 cm de lonxitude formando unha roseta, estas son oblongas ou lanceoladas, subcordadas na base con peciolos longos e acanalados parecidos aos do xénero Plantago. O talo floral é triangular e alcanza un metro de altura, xorden directamente da raíz e terminan nunha inflorescencia con pequenas e numerosas flores brancas ou rosadas que se dispoñen nunha panícula piramidal laxa, formando aneis ou feixes ao redor do talo. A corola ten tres pétalos e o cáliz tres sépalos. O froito é un aquenio cunha semente.
É nativa do Hemisferio Norte, en Europa, Asia e Norteamérica.
Medra en lugares húmidos e pantanosos, beiras dos ríos, pozas e encoros.
A palabra alisma dise provén do celta e significa "auga", en referencia ao seu hábitat onde crece. Os primeiros botánicos nomeárona plantago pola semellanza das súas follas.
Alisma plantago-aquatica foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 342. 1753.[2]
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.