Señor de Castroverde From Wikipedia, the free encyclopedia
Alonso de Castro e Ponce de León, foi un nobre galego, señor de Castroverde. Foi fillo de Alvar Peres de Castro, primeiro conde de Arraiolos (vila portuguesa no Distrito de Évora), primeiro conde de Viana da Foz do Lima e primeiro condestábel de Portugal, e da súa dona María Ponce de León. Á súa vez, era neto, por liña paterna, de Pedro Fernández de Castro, "o da guerra", señor da Casa de Lemos (finado en 1343) e da dama portuguesa Aldonça Lorenço de Valadares (nada contra o 1270). Por liña materna os seus avós foron don Pedro Ponce de León, "o vello", señor de Marchena e Bailén, e da súa dona Beatriz de Jérica e Lauria (1305-1372). Polo tanto, Alonso de Castro descendía por vía paterna, da Casa Real de Castela, sendo bisneto de Sancho IV, "o Bravo", rei de Castela e León. Por vía materna, era descendente directo de Xaime I o conquistador, rei de Aragón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV |
Morte | século XIV |
Señor Castroverde | |
Outro | |
Título | Señor |
Cónxuxe | María Ramírez de Guzmán |
Fillos | García de Castro |
Pais | Alvar Peres de Castro e María Ponce de León |
Irmáns | Beatriz de Castro, Sabela de Castro e Pedro de Castro |
Foron irmáns de don Alonso de Castro:
Alonso de Castro, señor de Castroverde, contraeu matrimonio con María Ramírez de Guzmán, filla de García Fernández, primeiro señor de Vilagarcía, e da súa dona María Ramírez de Guzmán.
Foron fillos de Alonso de Castro e María Ramírez de Guzmán:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.