Castroverde
concello da comarca de Lugo, na provincia de Lugo (España) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é castroverdés.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castroverde.
Remove ads
Toponimia
A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3][4][5]
Demografía
Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003).

| Evolución da poboación de Castroverde Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 6189 | 7173 | 8122 | 4617 | 3286 | 3012 | 2933 | 2887 | 2840 | 2823 | 2802 | 2726 | 2676 | 2675 | 2617 | 2595 | 2609 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Localización
O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.
Historia
Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
Monumentos
Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.
Remove ads
Festas e feiras
- Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
- Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
- Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
- Feira, domingos alternos.
- Festa dos Avós, en abril.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castroverde.
- Torre do Castelo de Castroverde
Lugares de Castroverde
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

